Natación artística de inverno

Natación artística de inverno
26 de Febreiro, 2025 - 01:19 h. | Publicada por Radio Fene

A rapaza de Fene Xandra Martinez Permui logrou a medalla de prata no Campionato Galego de Natación Artística de inverno celebrado o pasado fin de semana en Ourense. A súa medalla sumouse ao bronce do dúo alevín formado por Blanca Leiras e Noa Pico. O club quedou en cuarta posición e Xandra estreouse como adestradora da categoria promoción infantil.

O seu equipo obtivo tamén medalla de prata na Copa Galega de Natación Artística Promoción Infantil e Xunior que tivo lugar o pasado quince de febreiro na Coruña.

Deportes

Publica o teu comentario agora