Natureza, animais e patrimonio

Natureza, animais e patrimonio
15 de Maio, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Case medio século de vida leva a Fundación Franz Weber dedicada á protección da Natureza, dos animais e do patrimonio histórico. Fundada en Suíza en 1975 polo xornalista Franz Weber hoxe ten presenza en distintos países do mundo. Conta con dous santuarios de animais en Australia e Arxentina. Son coñecidas as súas campañas contra as touradas. Conversamos con Rubén Pérez Sueiras, director de campañas e activista da Fundación Franz Weber en Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

“Acadamos sancións na feira taurina de Pontevedra, na capea que se facía en Padrón e, non hai moito, en Vila de Cruces nun evento para o que parece que non había autorización”, detalla Rubén Pérez sobre o seu labor. Lembra que “a través da Plataforma Galicia mellor sen touradas pódense denunciar posibles incumprimentos”. Outro campo no que traballan é a chamada transición proteica. “O necesario cambio de modelo alimentario para evitar devastar o planeta que dá signos de esgotamento, as nosas decisións alimentarias teñen moito que ver no que está sucedendo”, explica. Por iso, “fronte a macrogranxas propoñemos unha alimentación baseada en produtos de orixe vexetal”. Tamén teñen en marcha convenios con administracións sobre contidos formativos dirixidos tanto a técnicos como a políticos. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora