Natureza salvaxe e perigosa

Natureza salvaxe e perigosa
03 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"É preciso utilizar novas ferramentas para divulgar a memoria histórica democrática" afirman os autores do libro de banda deseñada "A morte nas fragas" Anxos Garcia Fonte e Carlos Sardiña. Mañá xoves (20h.) o volume preséntase nun acto na sociedade A Piruchela (rúa Trovador Esquío,14 Neda) Tamén se proxectará o documentario "Os fíos da memoria" realizado  por Xarda cooperativa galega, Son Radiofusión e Emisoras Municipais Galegas, arredor da búsqueda dos familiares das vítimas da ditadura.

As fragas do Eume son uns dos boscos atlánticos mellor conservados de Europa, un lugar milenario que serviu de acobillo para as persoas que combatian a ditadura de Franco. Era unha natureza salvaxe e perigosa cuns rios  fonte de vida e de morte. A loita contra un rexime autoritario xa forma parte do patrimonio inmaterial deste máxico lugar. 

 

Na imaxe, presentación de "A morte nas fragas" na Casa do Concello de Fene. 18 de agosto de 2025.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora