ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Multiusos da Xunqueira (Redondela) acolle ata o 15 de decembro unha exposición de tallas de madeira do escultor natural de Pontesampaio, Moncho Novas. O creador traballa a madeira procedente da obra, paus queimados, raíz de eucalipto, madeira de pecios e outros materiais.
Con estes materiais, Moncho Novas, dá forma a todo un universo onírico e fantasioso en pezas coma Xana, A danza, Cópula, Pez ou Por que?, unha escultura que denuncia a violencia e a tortura. Aínda que a súa preferida de entre as máis de 20 tallas que se mostran na Xunqueira é a que leva por título "O mundo", unha peza de gran tamaño e cunha forma moi especial (ramas entrelazadas, onde o grande se come ao pequeño co que fai unha metáfora do mundo).
Novas explica que a súa afección por tallar a madeira naceu de xeito espontáneo cando era cativo e fixo cun cacho de pao unha pistola de xoguete. Cos anos foi perfeccionando a técnica pero aínda así o primordial é non desvirtuar a forma orixinal da madeira que se traballa.
A mostra conta tamén cos cadros de Manuel Boullosa, quen fai un minucioso e documentado percorrido pola nosa arquitectura popular, cunha recompilación de máis de 20 hórreos (da zona da Lama, Meira ou Donón), prazas e monumentos, así como capelas e carballos centenarios: o Carballo do Pelete, realizados todos eles en grafito e plumilla.