Navantia busca clientes en Qatar

Navantia busca clientes en Qatar

28 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

India, Chile, Turquía e Rusia son algúns dos paises interesados na construcción de novos buques militares. Navantia intensifica as súas ofertas presentando o seu modelo de buques anfibios LHD. A vindeira semana acudirá a unha feira da construcción naval en Qatar. Acudirán alí representantes dos principais paises árabes.

Navantia busca encargos, xa que se non contrata novos pedidos con carácter inmediato, entrará en subactividade no vindeiro ano 2011, ou no 2012. As factorias de Fene e Ferrol continuan cos seus traballos xa contratados. O segundo buque anfibio LHD para Australia comezou a construirse a comezos do mes de febreiro, cun adianto de 7 semanas con respecto á data prevista. O corte da primeira chapa do Adelaida realizouse no taller de bloques curvos de Fene. Ademais dese barco e do seu xemelgo, Navantia construie na actualidade a quinta fragata F 100 e o megabuque Juan Carlos I para a Armada española. Tamén para novembro cóntase con entregar a quinta e última fragata para a Marina de Noruega. Na actualidade os estaleiros de Ferrol e Fene empregan a 2.300 traballadores no plantel, e arredor de 3200 persoas en compañías auxiliares.

Sociedade