Navantia- Fene quedará man sobre man

Navantia- Fene quedará man sobre man

01 de Xaneiro, 2008 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"En decembro quedaremos man sobre man” afirma o presidente do comité de empresa de Navantia Fene Jorge Prieto Ulfe. Nesa data remataráse de construir a “cama” para o buque australiano “Adelaida”. O LHD 01 emprenderá a singladura con destino a Oceanía e a desocupación afectará á totalidade dos traballadores dos estaleiros ferroláns.

Vai máis dun mes dende que marcharon os ultimos operarios da industria naval. Nervión foi a ultima compañía en marchar. Quedan media ducia de operarios da auxiliar neste momento en navantia Fene, segundo Prieto Ulfe. Da construción do “berce” encárganse aproximadamente uns 30 operarios, do total de 317 que nestes momentos integran o cadro de persoal da factoría de Perlío. O resto adícanse a formación, reciclaxe e mantenemento das instalacións. Cada dia que pasa é peor, por iso non poden máis que acoller o mes de setembro con pesimismo. Van dous anos das promesas e trinta anos xa de preocupacións. “Prometeron remolcadores, quimiqueiros, buques flotel e gaseiros pero só hai fume, non temos nada, nen no civil nen no militar” manifestou Jorge Prieto, que confirmou a necesidade das movilizacións, que se concretarán nos vindeiros dias. A porcentaxe de perda de empregados no plantel fenés é altísima nos ultimos meses. Eran 360 e quedan 317, despois das incapacidades ou falecementos, que tamén houbo.O PP anuncióu barcos na última campaña electoral. "Rajoy foi o que máis prometeu e o que menos fixo", segundo o presidente do comité de Navantia Fene. Dende que Núñez Feijoo chegou á Xunta de Galicia no 2009 e Mariano Rajoy á Moncloa no 2011, non houbo contrato ningún para Navantia na ría de Ferrol. “Todo foi caendo como un castelo de naipes” apostillóu o presidente do comité de Navantia Fene, quen vé na crise “a coartada perfeita.

Sociedade