Nazis en terras galegas

Nazis en terras galegas
12 de Agosto, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Monforte

A corrupción política na actualidade mistúrase coa guerra de 1936 e a presenza dos nazis en terras galegas despois da Segunda guerra mundial. Proposta de lectura para este verán. Izan o da saca. Xabier Quiroga

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Entre os autores de culto e xa moi consagrados que cultivaron moi de vez en cando o xénero negro, podíamos citar tamén, ademais dos xa citados en espazos anteriores, os casos de Xabier P. DoCampo, todo un referente da literatura xuvenil que, pouco antes de morrer en 2018, publicou en 2017, despois de quince anos de traballo, A nena do abrigo de astracán, unha obra mestra. E a el débese tamén a moi lograda A chave das noces (1988), na que, dando protagonismo ao típico detective duro de pelar, unha especie de Philip Marlowe, o mítico detective creado por Raymond Chandler, adaptado á realidade galega, describe con brillantez a parte escura da sociedade da época; neste caso, a coruñesa. Neste apartado resulta obrigado citar os casos de Manuel Rivas, co achegamento que fai ao narcotráfico en Todo é silencio (2010), adaptada ao cine, e os relatos de narcos de Vivir sen permiso e outras historias do Oeste (2018), adaptados á televisión en formato de serie. Tamén poden mencionarse as comedias policiais de Alfredo Conde, como Chovida do ceo (2014). Pero destacamos sobre todo unha das mellores novelas negras dos corenta anos de historia do xénero en Galicia, a retrospectiva Izan o sa saca (2015), de Xabier Quiroga, traducida ao castelán con moito éxito co título de La casa del nazi, unha historia na que se mesturan varias tramas, a guerra civil española, a presenza dos nazis en terras galegas despois da segunda guerra mundial e un caso actual de corrupción política que afecta ao goberno galego da época.

 

Fotografía Xanxe

Cultura

Publica o teu comentario agora