Necesítase sangue

Necesítase sangue
29 de Abril, 2022 - 11:33 h. | Publicada por Radio Fene

A Semana Santa foi frouxa en doazóns de sangue, afirmou esta mañá o doutor Vázquez Estepa xefe de colectas da Axencia de Doazón de Organos e Sangue. A unidade móbil permanecerá diante do Centro de Saude de Fene esta tarde e mañá sábado. Coa volta á normalidade, aumentan as intervencións cirurxicas e tamén as necesidades de sangue. Pode doar, calquera persoa entre 18 e 65 anos con máis de cincuenta quilos de peso.

ESCOITA O PODCAST:

Pódese solicitar cita previa no teléfono 900100828 ou acudir sen cita ao autobús diante do Centro de Saude na avenida do Tarrío.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora