ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Amnistía Internacional celebrou a súa asemblea en Galicia cunha mensaxe clara: a mobilización cidadá é máis necesaria ca nunca. O vicepresidente de Amnistia Internacional España José Manuel Mur destacou o "traballo improbo" que se realiza desde a comunidade galega para sumar xente á defensa dos dereitos humanos nun momento en que o dereito internacional se atopa "totalmente vapuleado e agonizante".

Entre os retos inmediatos para a organización, Mur sinalou a loita contra os discursos de odio e o racismo, que están a normalizar as violacións de dereitos básicos.
Tamén expresou a súa preocupación pola crecente represión do dereito á protesta, poñendo como exemplo as detencións masivas no Reino Unido por manifestacións a prol de Gaza. A pesar do panorama crítico, Amnistía Internacional reivindicou o valor das "microvitorias". Múr lembrou que a presión social está a dar froitos en ámbitos como os dereitos das mulleres ou a defensa do aborto, e subliñou o papel de España como unha "voz discordante" a nivel internacional. "Somos unha organización de persoas para persoas", concluíu, destacando o impacto emocional que ten para un preso de conciencia saber que, desde fóra, alguén está a loitar pola súa liberdade, que hai unha persoa que se lembra del.
Amnistia Internacional Galicia renovou xunta directiva na cita celebrada o pasado sábado no Ateneo Ferrolán. Quedaron elixidas Jessica García (presidenta) Alma Acuña (secretaria) Sara Prieto (tesoureira) e Rosa Gómez Amigo (vogal).
Amnistia Internacional España conta con máis de 100.000 persoas asociadas. E unha organización global e independente con máis de 10 millóns de integrantes que actuan contra a inxustiza defendendo os dereitos humanos en todo o mundo
Na imaxe, algunhas das activistas de Amnistia Internacional Galicia no Ateneo Ferrolán. Sábado 21 de marzo de 2026
Publica o teu comentario agora