Necesaria motivación

Necesaria motivación
17 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O contexto social ten moito que ver coa motivación. Especialmente decisivo para os adolescentes. Familia e amigos inflúen Nos nosos intereses e na capacidade para manternos constantes nos obxectivos que nos marcamos. O psicólogo José Barcia explicou en Radio Fene que algúns estudos sobre adolescentes relacionados co abandono deportivo ou escolar, proban que hai máis práctica deportiva na rapazada se tamén a hai na casa, e ao revés.

ESCOITA O PODCAST:

Traballar a motivación esixe primeiro coñecer o individuo para saber onde se atopa a chama que lle permitirá seguir adiante. Para evitar frustracións que leven ao abandono é importante “axustar as expectativas, moitas persoas cren que van alcanzar algo que non é asumible ou que o van conseguir antes do posible”. Tamén é necesario “axudar as persoas a percibir os avances que están logrando, iso vainas manter no empeño”, indicou Barcia Tuccelli.

 

Fotografía Xan Xe

Recepción do Racing de Ferrol con motivo do ascenso á Segunda División.. 2023

Sociedade

Publica o teu comentario agora