Necesarias melloras

Necesarias melloras
18 de Novembro, 2024 - 04:43 h. | Publicada por Radio Fene

Visita ao colexio de Centieiras da delegada da Xunta, Martina Aneiros, e do alcalde de Fene, Juventino Trigo. Viron as obras realizadas e comprobaron as melloras pendentes de acometer. 

ESCOITA O PODCAST:

“Necesitase maior investimento nos centros educativos de Fene”, demandou o alcalde logo da visita efectuada este luns ao colexio de Centieiras. Neste centro hai filtracións de auga polo mal estado do tellado e da fachada, explicou o rexedor en Radio Fene. Aproveitou a visita da delegada da Xunta para pedir actuacións de mellora nos centros educativos, tal como se aprobou nunha moción aprobada este mes polo Pleno municipal para corrixir deficiencias nos colexios de Centieiras, Os Casais e da Xunqueira, así como no IES de Fene. “Tomou nota e viu en primeira persoa as necesidades”, di o alcalde sobre a visita da delegada da Xunta.

Institucional

Publica o teu comentario agora