ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Necesitamos a literatura para explicar a incerteza” afirmou o escritor Manuel Rivas á hora de presentar a súa última novela “Tras do ceo”. O literato indicou que a obra versa sobre o poder e o machismo, cando van asociados á cobiza, á posesión e á depredación. “A sutileza debe ser unha característica da literatura” precisou. “Pero este país é moi pouco conservador, case non conserva a tradición heterodoxa do riso popular e da alegría sen medo e en liberdade”. Non podemos entender a cultura popular galega sen a tradición do riso, para Manuel Rivas.
A novela tamén aborda a depredación da natureza, respira terra, segundo o editor Fran Alonso que destacou a enorme capacidade poética de Rivas. “Tras do ceo” en poucas semanas xa vendeu os 2.000 exemplares da primeira edición. Xerais xa encargou a primeira reimpresión.
Na imaxe, Manuel Rivas con Antonio Tizón e Henrique Sanfiz
Fotografía: Sara Alonso
Publica o teu comentario agora