ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Castelo de Ribadavia vén de reabrir as súas portas despois de sete anos pechado por mor de diversas obras de restauración e mellora que se realizaron na fortaleza medieval. Segundo comentou o responsable da Oficina de Turismo de Ribadavia en Radiofusión, Antonio Míguez, “fixéronse diferentes escavacións atendendo á documentaci
O Castelo dos Condes de Ribadavia, declarado Ben de Interese Cultural, de momento, só se pode visitar acompañado dun guía, de luns a sábado ás 10:30, 11:30, 12:30 e 13:30 pola mañá e ás 17:00, 18:00 e 19:00 pola tarde. Os domingos e festivos as visitas só se realizarán polas mañás ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas. A idea é que en breve se poida acceder ao interior do edificio tamén por libre. No interior da fortaleza colocáronse tamén paneis explicativos para coñecer a súa historia e estrutura.
Antonio Míguez afirma que no verán a maioría das persoas que visitan Ribadavia e o Castelo son persoas procedentes da Meseta, Madrid e Extremadura, xa que os galegos preferimos o inverno.
A entrada ao Castelo de Ribadavia custa un euro e inclúe un 10% de desconto nas Termas locais de Prexigueiro.