ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os Concellos de Neda, Ferrol, Narón e Fene acollerán o vindeiro 16 de decembro a XXVII edición do Memorial Adolfo Ros. Unha das citas deportivas de maior prestixio na Comunidade galega, tal e como demostran ano tras ano as cifras de participación. Neda asume este ano a organización do Memorial Adolfo Ros que terá este ano a súa saída e meta na Avenida Xeneral Morgado. Arrancará ás 11 horas, aínda que dende as 9 e
O Memorial Adolfo Ros ten un percorrido de 21 quilómetros. A continuación da saída, terá lugar a carreira das categorías de menores, cun traxecto aproximado de dous quilómetros para benxamín, alevín e infantil masculino e feminino, e de catro quilómetros para cadete e xuvenís masculino e feminino. Nun e noutro caso, os percorridos circunscríbense ao concello de Neda, cos mesmos puntos de saída e chegada que a carreira principal.
O concelleiro de Neda que, como as súas compañeiras de Ferrol e Narón, fixo un chamamento á participación, quixo agradecer tamén a colaboración da Policía Local e Protección Civil dos catro concellos polos que discorre a proba. E, sobre os rexistros de participación, avanzou que a día de hoxe son 266 as persoas inscritas. Unhas cifras que os concelleiros confían en que se eleven notablemente nos próximos días ata igualar ou superar os 700 participantes da edición anterior.
Por último, sinalar que as persoas interesadas en participar poden solventar calquera dúbida ou formalizar a súa inscripción no Centro Cívico de Neda (tlf. 981 49 44 31, en horario de 9 a 13 horas) ou ben nos seguintes enderezos electrónicos:www.championchipnorte.com e www.fgatletismo.es/ferrol/