Neda adica as Xornadas Literarias a Virginia Woolf

Neda adica as Xornadas Literarias a Virginia Woolf

16 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Virginia Woolf protagoniza as Xornadas Literarias do concello de Neda neste ano 2009. Presentaronse este mediodía no Campus de Ferrol, porque a Universidade da Coruña colabora sempre con estas xornadas iniciativa da Biblioteca municipal de Neda. 

Autores enormes do século XX vistos por expertos na sua obra, diso tratan as xornadas que este ano se adican á escritora inglesa durante os dias 23 e 24 de abril, coincidindo co Día do Libro,  na casa da cultura de Neda.

Nas xornadas de Neda analisaráse a figura de Virginia Woolf como escritora, pero tamén a sua dimensión de defensora dos dereitos das mulleres. Especialistas en feminismo, filólogos e traductores asistirán ás xornadas como ponentes. No publico sentaránse estudantes e profesores e xente afeccionada á lectura. A inscripción é gratuita, e os estudantes  recibirán créditos pola asistencia.

En anos anteriores Kafka, Faulkner, Cortázar, Joyce, Cervantes ou Proust centraron as xornadas que este ano se adentrarán na obra de Adeline Virginia Stephen, nacida en Londres en xaneiro de 1882. As xornadas desenvólvense o
s dias 23 e 24, na Casa da Cultura de Neda, onde poden realizarse xa as inscripcións. 

Sociedade