Neda opónse aos recortes no transporte público

Neda opónse aos recortes no transporte público

23 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O goberno municipal de Neda manifesta a súa oposición radical a calquer tipo de recorte nos servizos de transporte público encadrados no plan metropolitano. Unha postura que mantén invariabledende o ano pasado, cando xurdiron as primeiras informacións respecto a unha reducción de liñas. Coa intención de trasladar en primeira persoa a posición do goberno local, onte á mañá o concelleiro de Transportes de Neda, Jos&eacute

Ao remate da entrevista, Gradaílle criticou que a empresa concesionaria do servizo mantivese ao marxe aos concellos de Neda e Narón á hora de plantear as medidas que presentou no seu plan de viabilidade á Xunta de Galicia. Segundo esa proposta e de forma gráfica, a liña 1-2 pasaría de ter unha cadencia de 20 a 30 minutos no servizo das tardes. Ademáis, suprimiríase a liña 1-B con destino ao Hospital Arquitecto Marcide os domingos –que, aínda que non pasa por Neda, si utilizan os seus veciños facendo trasbordo en Santa Cecilia-. Unha situación que rexeita o goberno municipal de Neda e, por isto, solicitoulle á Xunta toda a documentación relativa a liñas, horarios e pasaxeiros para estudar e valorar unha a unha e estar en condicións de presentar as alegacións necesarias.

En todo caso, o executivo municipal apunta que o convenio en materia de transportes asinouse para mantener ou mellorar o servizo nunca para empeóralo. Así llo trasladou o edil á directora xeral. Así mesmo, o edil apunta que o Concello é consciente das dificultades económicas que atravesa a empresa e, por isto, o seu interese por establecer medidas consensuadas e viables, que favorezan o incremento de usuarios do transporte público para garantir así a súa viabilidade e o mantenemento do emprego. O concelleiro subliña de novo que o goberno municipal defenderá por todas as vías e cauces o mantenemento das liñas, encabezando se é preciso calquer tipo de protesta.

Sociedade