ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non só o concello de Ares celebra o Corpus, na comarca tamén Neda conserva a tradición das alfombras florais, máis modestas pero tan populares e celebradas como a outras.
A Asociación Á beira do Belelle recluta estes dias veciñas e veciños da localidade para traballar no picado do verde e estar pendentes da situación das flores nos xardíns, despois do chaparróns e do vento que soplou onte, segundo declaracións de Josefa Cabado, membro da asociación.
Neda cubrirá de flores as ruas Real e Paraíso, entre a igrexa de Santa María (onde se celebra este ano a misa) e a de San Nicolás. Entre 700 e 800 metros ocupan as alfombras de Neda nese percorrido que o domingo pisará a procesión do Corpus despois da misa de 12.
En Neda, segundo Josefa Cabado, os deseños das alfombras é moi clásico, con motivos sobre todo relixiosos, ainda que se conceden a licencia de debuxar o escudo da vila. Comezarán a confeccionar a alfombra na tarde do sabado ata iso das duas da madrugada. Gostarían da colabroación de todo o mundo que desexe ter esta experiencia.