ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Diego Noguerol Feijóo xa é veterano no Concurso de BD de Humor Demo Pequeno, o certame que convocan o Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial. Este ano gañou na categoría xuvenil pero xa tiña logrado o premio na infantil.

De maior quere ser arquitecto ou autor de cómics. Un profesor seu di que estamos no punto exacto para frear o cambio climático, despois sería irreversible. Diego é algo tímido pero fala de marabilla cos seus debuxos e ten un sentido do humor moi afiado. Hai dous anos gañara o premio da categoría infantil con un Xeriátrico de Robots e agora, con 13 anos, volveu gañar na categoría xuvenil. A súa historieta dun home que non cre no cambio climático, pero acaba maldicíndoo, chámase “O negacionista”. O xurado valorou na obra de Diego Noguerol a excelente capacidade narrativa e o manexo dos tempos do autor; o equilibrio entre guión e debuxo; a técnica de rotulación, entintado e cor e a limpeza no acabado. Tamén salientou o interese pola memoria, con referencias ao afundimento do Prestige; e os diálogos da historia nos que demostra a súa capacidade de síntese. A entrega de premios terá lugar o vindeiro 29 de xuño, ás 17 horas, no Museo do Humor Xaquín Marín.
Publica o teu comentario agora