Negociarán con Vitrasa as bonificacións

Negociarán con Vitrasa as bonificacións

26 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Servizos sociais negociará con Vitrasa unha solución para os usuarios que quedaron sen a tarxeta que lles permitía empregar o autobús de xeito gratuito. A edil Rosa Costas confirmou que dende o seu departamento solicitaron xa unha entrevista cos responsables da empresa de transportes para tentar atopar unha solución satisfactoria que evite os prexuizos que lles está a provocar, sobre todo aos xubilados de Chapela, a decisión de Caballero de subvencionar

A concelleira nacionalista mostrou a súa preocupación pola decisión do goberno vigués de eliminar do servizo de tarxeta gratuita a aqueles xubilados que non residan ou consten como empadroados na cidade olívica. Con todo entende o proceder do concello veciño “xa que tamén en Redondela séguense políticas que favorecen a aqueles cidadáns que constan no censo municipal”. Confía sen embargo en chegar a algún tipo de acordo ventaxoso para o colectivo de xubilados “aínda que dependerá en gran medida da predisposición da empresa de transporte”.

Os afectados, que quedaron sen a tarxeta verde que lles permitía viaxar de maneira gratuita, son os que empregan a liña C-3, que enlaza Vigo con Chapela así como os veciños de os barrios de A Lamosa en Trasmañó e Pregal en San Estevo de Negros.

Sociedade