ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nace o xigante das telecomunicacións MASORANGE, froito da fusión entre os grupos Orange e MasMovil. Dous anos despois de comezar o proceso e logo de obter o visto e prace das autoridades de competencia, o novo operador é líder do mercado español en número de clientes e o segundo en negocio, segundo nos informou Iago Varela.
“Seguramente moitas persoas non saiban que son clientes desta nova compañía porque a estratexia dos dous grupos fusionados era contar con diferentes marcas dirixidas a distintos públicos”, explica Iago. Tras a fusión concentra marcas como Orange, Yoigo, Jazztel, Masmobil, Pepephone. Euskaltel, R e Telecable. A nova operadora ten máis de 30 millóns de liñas de móbil e dá servizo de banda larga a través de fibra óptica a máis de 7,3 millóns de fogares, moitos en Galicia porque unha das empresas do grupo é R. A nova empresa ten previsto continuar a mesma estratexia multimarca e anuncian o mantemento de R. Anunciaron un ambicioso plan industrial con 4.000 millóns de euros de investimento para os próximos tres anos. Unha noticia positiva para usuarios de R e para os seus traballadores.
Publica o teu comentario agora