Negreira presenta o seu protocolo contra a violencia de Xénero

Negreira presenta o seu protocolo contra a violencia de Xénero

25 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

No Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Negreira presenta o seu Protocolo de Actuación Integral para vítimas da violencia doméstica. O acto, aberto a toda a cidadanía, celébrase, ás 12:30 horas, no novo Auditorio do Centro Sociocultural da vila. Levarase a cabo a sinatura do documento relativo a dito protocolo por parte dos profesionais implicados na súa elaboración: Centro de Información á Muller (C

O protocolo preséntase como un instrumento para coordinar todos os esforzos e pór en común os medios materiais e persoais para poder loitar eficazmente contra esta problemática, desenvolvendo unha acción coordinada que permita o tratamento integral na asistencia ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Segundo Emilio Forján de Radio Negreira, no ano 2009 foron 41 persoas da vila as que precisaron asistencia xurídica por mor desta lacra social.

Os alumnos/as do Concello de Negreira, farán unha lectura do manifesto insitucional contra a violencia de xénero.  No acto o cantante e compositor,  Xoan Curiel,  realizará unha actuación, adicada a sensibilización e prevención da violencia de xénero, incluido no seu disco NAI.

Sociedade