Negreira queixase do trato recibido polo Xacobeo 2010

Negreira queixase do trato recibido polo Xacobeo 2010

25 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O alcalde de Negreira, o socialista Jorge Tuñas Caamaño, manifestou hoxe o seu malestar pola ¨discriminación negativa¨ que sofre o seu municipio na repartición dos orzamentos para actos culturais do Xacobeo 2010. Fronte ás cantidades destinadas en anos xubilares anteriores (nos que este Concello, como final da 1ª etapa do Camiño de Fisterra que é, puido organizar actuacións de alto nivel), o rexedor laméntase de que nesta edici&oacu

Destaca Tuñas o ¨agravio comparativo¨ con outros Concellos, moito máis afastados, que poderán contar con actividades de moita máis envergadura.

O alcalde afirmou que a Corporación incide no dereito do municipio a recibir o mesmo trato que en anos anteriores, e esixe que se elimine a ¨descompensación¨ de orzamento para certos Concellos.

Contrasta esta escaseza de apoio cultural co compromiso do goberno municipal que, sen ir máis lonxe, ofrecerá a actuación de Berrogüeto durante a Noite Folk do 21 de agosto, sufragada integramente polo Concello.

Como sinala, a escaseza de fondos para as actuacións non se corresponde coa importancia desta etapa do Camiño. ¨O propio Concello fai un esforzo moi superior nas actuacións estivais que a Xunta, coa enorme diferenza de presupostos de que uns e outros dispoñemos¨, rematou Tuñas.

Sociedade