Negreira volve ao Medievo na IV Feira do Románico

Negreira volve ao Medievo na IV Feira do Románico

01 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O Concello e a Asociación de Festexos de Negreira tomaron este ano as rendas da Feira do Románico. Un evento que celebra a súa cuarta edición este sábado e domingo e que contará, como novidade, cunha zona de restauración na que se poderán degustar diferentes pratos como churrasco ou polbo a prezos populares. Por outra banda, membros

A estas propostas sumarase a estrea do novo espectáculo do Mago Romarís, O castelo encantado, que se exhibirá en diversas ocasións ao longo da fin de semana. Tamén haberá oco para obradoiros de disfraces medievais e maquillaxe, demostracións de tiro con arco, exhibición de agility e trucos caninos ou unha gran queimada, xa para rematar a xornada do sábado.

A concelleira de Cultura de Negreira, María Jesús Veiga, asegurou en Radiofusión que agarda que a xente se implique na feira e se vista de época, porque desde o Concello non escatimaron en esforzos para ilusionar aos veciños e comerciantes da zona.

Cultura