Nenos e maiores festexan o Samaín na Biblioteca de Ordes

Nenos e maiores festexan o Samaín na Biblioteca de Ordes

05 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes contou cun gran éxito de participación nas actividades programadas dende o centro para conmemorar o Samaín o pasado venres.

Foron preto dun cento de ordenses, entre nenos e adultos, os que quixeron disfrutar dos obradoiros de manualidades, talleres de decoración con cabazas e xogos que tiveron lugar na biblioteca con motivo da conmemoración desta festa. Os pequenos puideron disfrutar ademais dunha selección de libros adicados a esta festividade, así como comprobaron de primeira man as novidades en literatura infantil para este novo curso. 

Unha gran festa, a celebrada na Biblioteca Municipal do Concello de Ordes, na que disfrutaron tamén os pais, nais e acompañantes dos máis pequenos que viviron así unha xornada compartindo o ocio cos seus nenos.

Sociedade