Nenos no Verán máis alá

Nenos no Verán máis alá
20 de Xullo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nenas e nenos de Fene gozan das mañás do mes de xullo no campamento Verán Máis Alá, organizado pola Concellería de Cultura.Desenvolvese en dúas quendas no CEIP A Xunqueira, coordinado por Aitana Tizón que contou en Radio Fene como lles vai aos participantes nesta proposta municipal para o verán.

ESCOITA O PODCAST:

En total, 130 nenos e nenas de 3 a 13 anos.Organizados por idades, en dez grupos de trece nenos, pasan as mañás, de 10 a 14.30, realizando actividades relacionadas coa palabra, o xogo e a intelixencia emocional. O horario comeza ás 8 para quen fai uso do servizo de madrugadores.

Este venres teñen previsto realizar unha saída ao museo do Caldoval, en Mugardos. Na primeira quenda fixeron unha saída á ribeira de San Valentín e prepararon cada un seu tarro de verán, no que gardaron area, cunchas e pequenos recordos do feliz paso polo campamento.

Institucional

Publica o teu comentario agora