Nespereira celebra a V edición da Festa do Ovo

Nespereira celebra a V edición da Festa do Ovo

15 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén acolle este domingo unha nova edición da festa do ovo, onde se servirán máis de mil racións preparadas con ovos caseiros. Prezos populares nunha festa gastronómica na que se presentará o ovo preparado nas súas diversas modalidades, aínda que o prato estrela volverá ser o combinado de ovos fritidos con patacas e chourizo.

Haberá ademais tortillas recheas, de pataca, empanada, ensaladas e filloas. Como novidade introdúcese nesta quinta edición o polo estufado con guarnición e os grelos cocidos con chourizo e ovos.

 

A festa contará con actuacións musicais que amenizarán a xornada. A comisión organizadora espera repetir o éxito das edicións anteriores e agradece a colaboración dos veciños, xa que os productor empregados para a elaboración dos pratos proceden das súas doazóns. Por outra banda, o concello celebra mañá un acto conmemorativo co gallo das letras galegas que se vai desenvolver no salón de actos da casa consistorial. Actuará a Coral da Asociación de pensionistas de Pazos as 19:30 horas e unha hora despois a Orquestra de Acordeóns Marcarenhas.

Sociedade