ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Xunta de Galicia decretou a alerta laranxa desde as 12 desta noite, diante da onda de frío que anuncian os pronósticos meteorolóxicos. Aconsellan asimesmo evitar as viaxes sempre que non sexan imprescindibeis. O Ministerio de Fomento desplegou toda unha serie de medidas para garantir o transporte por estrada e por ferrocarril.
A chegada dun sistema frontal, unido a unha cota de neve en torno ós 400 metros de altura, deixará acumulacións superiores ós 2 cm de neve en puntos de Lugo e A Coruña e no interior de Pontevedra e de máis de 5 cm na montaña de Lugo.
Mañá seguerán a soprar os ventos do norte que traerán máis aire frío, polo que a cota de neve baixará ata os 200 metros de altura. Ademais, os ventos do nordés soprarán con intensidade e a mar de fondo superará os 3 metros no litoral da Coruña durante a tarde.
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación de meteoroloxía adversa a todos os concellos, policías locais, bombeiros e Deputacións das provincias da Coruña e Lugo, así como aos servizos provinciais de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, á Administración Xeral do Estado e ás empresas de ámbito galego.
Tamén, recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de autoproteción de acorde coas especificidades climáticas descritas, tales como son evitar as viaxes sempre que non sexan necesarias ou revisar o estado das estradas asegurándose de saír con cadeas e os depósitos de combustible e líquido anticonxelante cheos.