ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Deputación reforza o dispositivo por neve nas zonas altas da provincia, con 104 operarios e 74 máquinas. A institución desprega este operativo a Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribeira de Piquín, Triacastela, Samos e O Inicio. Son os Concellos con maiores dificultades para circular, xa que as estradas acumulan ata 40 centímetros de
A Deputación reforza o dispositivo por neve nas zonas altas da provincia, incrementando a 104 operarios e 74 máquinas os medios que actúan nas estradas.
O organismo provincial desprega este operativo ós seguintes Concellos: Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribeira de Piquín, Triacastela, Samos e O Incio. Trátanse dos municipios con maiores dificultades para circular, xa que as vías acumulan ata 40 centímetros de neve. Isto supuxo que, arestora, 24 estradas provinciais da zona se atopen pechadas ó tráfico.
O dispositivo da Deputación continuará traballando ó longo da xornada de hoxe.