Nicole Kidman escoita a Coral de Ruada

Nicole Kidman escoita a Coral de Ruada

28 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Nicole Kidman e Clive Owen escoitan a Coral de Ruada no telefilme Hemingway & Gellhorn que hoxe estrea a prestixiosa cadea estadounidense HBO. O tema Negra sombra interpretado polo coro ourensán foi seleccionado para formar parte da banda sonora desta película que narra a historia de amor do escritor Ernest Hemingway coa que foi a súa terceira muller, a xornalista Martha Gellhorn, durante os meses que pasaron en España ao comezo da Guerra Civil.

A Coral de Ruada naceu en Ourense en 1918 e continúa a súa actividade 94 anos máis tarde. A súa interpretación de Negra sombra pódese atopar no disco Escena Coral Galega, editado por Ouvirmos.

Hemingay & Gellhorn, que chegará á televisión española en agosto, vén de preestrearse no Festival de Cannes. O filme está dirixido por Philip Kaufman e conta no seu reparto, alén de Nicole Kidman e Clive Owen, con David Strathairn, Molly Parker, Rodrigo Santoro ou Parker Posey.

Cultura