ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non se debe arar nin gradar a terra, indica o agricultor afeccionado Luís Pena. El defende aportar os nutrientes necesarios para fortalecer as plantas que dese xeito resistirán moito mellor calquera tipo de enfermidade.Por exemplo, as barras de sílice actúan como abono e como insecticida. Outra das súas propostas consiste no aporte de micorrizas, cal de magnesio, uns quince dias antes de plantar. O esterco debe ser o máis seco posible para estabilizar o terreo. Requírese terra doce, segundo Luís Pena. A cola de cabalo e o fungo Trichoderma Harzia T-22 tamén protexen ás plantas.
Zume de froitas fermentado
Suxire a elaboración de xugo de mazás fermentado. Pélanse as mazas e bótanse as mondas coa mesma cantidade de azucre moreno, remexendo coas mans ata que se poña bastante líquido. Engádese un centímetro de azucre moreno e se tapa cun papel absorbente de cociña, papel de forno ou tela. Deixase nun lugar fresco e escuro durante catro dias. Fíltrase cun coador e se espreme todo ben. Pode gardarse un ano e se botarán dous milímetros do preparado por cada litro de auga. Aplicarase a todas as plantas para fortalecelas sobre todo no crecemento e floración cada dez dias.Tamén se pode elaborar o zume de froitas fermentado coas mondas do plátano, outro zume con follas de parietaria e restos de acelgas ou espinacas, bacilos de ácido láctico ou zume de microorganismos.
Publica o teu comentario agora