ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As inclemencias do tempo, o temporal con nome de muller, Beatriz, impediulle ao Perlío feminino entrenar a semana pasada. Custoulles ao principio pero souperon sobrepoñerse diante do Mugardos.
O Perlío feminino é terceiro na clasificación da Liga de Futbol 8. Gañaron en Mugardos cun contundente 0-3 que as coloca con 18 puntos, a catro das primeiras, o Galicia de Caranza, ás que se enfrentan o próximo domingo nos Pinares. En palabras do técnico do Perlío, Juanjo Lorenzo, polo resultado acadado semella que foi fácil pero non foi así.
Todo se aliou contra o Perlío que non puido entrenar nin o martes nin o venres por culpa do temporal e a orde de non realizar actividades deportivas ao ar libre. Todas as dificultades marcaron a primeira parte do encontro na que non tiveron ocasións e abusaron de balóns longos.
A segunda metade foi outro cantar. Marcaron, Carla, Cris e Leti. O domingo (en principio ás 11:30h) o Perlío recibe nos Pinares ao Galicia de Caranza, as primeiras clasificadas e grupo difícil de afrontar, por iso levan sete victorias e un empate co Maniños na última xornada. Pero non haberá medo ningún nos Pinares.
Publica o teu comentario agora