ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Nin mellora a seguridade nin a sostenibilidade. Son as tachas que lle pon o sector pesqueiro ao novo Regulamento de Control da Pesca da Unión Europea. A mobilización do sector logrou provisionalmente a flexibilización das medidas en España. “O que se fixo é paralizar iso”, di o patrón maior de Confraría de Barallobre, Jorge López, que explicou en Radio Fene os motivos da oposición do sector.

“Era inviable por seguridade e vaise a peor na sostenibilidade”, apunta o patrón maior de Barallobre. Coa nova normativa, as embarcacións a partir de 12 metros tiñan que avisar con catro horas de antelación da chegada a porto. “Imaxinaivos un día de temporal e o barco parado agardando para atracar”. O acordo acadado co ministro de Pesca non é definitivo, hai pendente unha reunión o día 26 para que a Unión Eurpea autorice a flexibilización das medidas que gran parte do sector considera insuficiente. “En Galicia máis da metade das confrarías non están de acordo, certo que é hora de negociar”, asegura Jorge López que lamenta o descoñecemento do sector que teñen as persoas que toman as decisións. “Fáltalles saber como se pesca, con que meteoroloxía se pesca, como traballamos, non todos os barcos son iguais, piden que teñamos unha oficina dentro dun barco de sete metros”.
Publica o teu comentario agora