Nin Serafín nin eu cometimos delito ningún

Nin Serafín nin eu cometimos delito ningún

09 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

"Nin Serafín nin eu cometimos delito ningún" afirmou este mediodia en Vigo, Carlos Rivas un dos dous traballadores que recibiron unha condena de 3 anos de cárcere por tomar parte nun piquete informativo nunha folga do transporte en 2008. lPreguntouse se é punible informar aos traballadores no transcurso da negociación dun convenio colectivo.

"Defender os dereitos da clase traballadora non é delito''. Tras esta faixa, e baixo unha intensa chuvia, milleiros de persoas (máis de 5.000 segundo a organización) pediron que Carlos Rivas e Serafín Rodríguez non entren en prisión para cumprir a condena.A mobilización, con persoas procedentes de diferentes partes de Galiza, estaba convocada polas tres centrais sindicais, CIG, CCOO e UGT. Saíu da Praza dos Cabalos para finalizar na Farola de Urzáiz. No traxecto, un mar de paraugas combinábanse cun océano de bandeiras e coas palabras de orde de solidariedade operaria e contra a  represión sindical'. Entre os presentes, os secretarios xerais das tres organizacións convocantes e diferentes cargos e responsábeis do BNG, Anova, IU e PSdeG.

Sociedade