Nin trampa nin truco no restaurante Farruco

Nin trampa nin truco no restaurante Farruco
22 de Decembro, 2022 - 12:37 h. | Publicada por Radiofusión

Non hai trampa nin truco no restaurante Farruco. É un dos versos da obra de teatro que esta mañá representaron terceiro e cuarto de educación primaria do colexio de Moeche. Máis dun cento de pais, nais, avós e avoas asistiron aos espectáculos musicais e teatrais preparados nas últimas semanas. A festa de Nadal foi moi especial este ano. Despois da pandemia, do covid, esa actividade volveu ser presencial, segundo lembraba esta mañá Susana Falcón desde o colexio de Moeche.  Os mestres botaban moito de menos a actividade presencial. Esta mañá estaban encantados, declarou a Radio Fene a directora do centro Almudena Yáñez. 

ESCOITA O PODCAST:

Susana Falcón desde o colexio de Moeche

http://173.255.131.18/audio/221222FALCON.mp3

Colexio de Moeche. 22 de decembro de 2022

As vacacións de Nadal comezaron para os escolares despois dos festivais. Acabaron as clases e todo o alumnado tivo actividades especiais nestes días para festexalo. Tamén nos centros escolares de Fene. No colexio A Xunqueira de San Valentín tiveron festa de Nadal en primaria onte e esta mañá en secundaria. No Jorge Juan de Perlío tiveron festival infantil onte, esta mañá en primaria e secundaria. O colexio do Ramo de Barallobre tivo esta mañá unha xincana e onte recibiron aos Reis e a Papá Noel. Nos Casais de Maniños comezaron a xornada cunha chocolatada con churros, antes de recibir a visita do Apalpador e polo Centieiras de Perlío pasaron escolares e familias para participar en xogos, asistir ás campanadas. Tamén recibiron a visita de Papa Noel e ata houbo un mercado de Nadal organizado por 6º para recadar fondos con destino á excursión. 

O Colexio de Moeche participou este ano na iniciativa Onda ODS impulsada por Radiofusión. Impartiuse no colexio un obradoiro de podcasts, demostrando que "o futuro da radio está nas escolas". Na obra de teatro do restaurante Farruco, representada esta mañá en Moeche, concluían: Un bo polo de curral. Non está mal.

Cultura

Publica o teu comentario agora