Ningún home

Ningún home
08 de Xaneiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Cultura de Fene abre o calendario expositivo do ano con Expresiones de Rebeca Alonso. A obra da pintora ferrolá poderá visitarse ata o vindeiro trinta de xaneiro.

ESCOITA O PODCAST:

Rebeca Alonso leva en contacto coa arte dende a súa infancia. Na súa obra fai uso do pop art, un estilo moi marcado con liñas esaxeradas e con moita cor. Os retratos de mulleres son os protagonistas dos seus traballos. “De nena non facía retratos. Debuxaba paisaxes e outro tipo de cousas. Supoño que non había tanto acceso a internet e tanta información. Agora adícome ao retrato, chámame máis a atención. Sempre me gustaron as expresións, a mirada, a forma de expresar unha cara…Non teño ningún home. Empecei facendo unha colección de mulleres do mundo e seguín facendo mulleres”, explica a pintora en Radiofusión. A súa exposición será inagurada este luns 9 de xaneiro ás oito da tarde. 

 

Na imaxe, a pintora Rebeca Alonso en Radio Fene.

Fotografía: Xan Xe Corral.

Cultura

Publica o teu comentario agora