ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O tenis está funcionando a pesar da pandemia. “Non nos podemos queixar” afirma Rubén Justo, profesor e director da Escola de tenis de Fene “Justo al revés”.

A escola seguíu funcionando todo este tempo e non só iso senón que incrementou a matrícula con deportistas rebotados doutros deportes que non puideron practicarse, como é o caso do fútbol. Ata tal punto que a escola fenesa ten neste momento 207 alumnos e alumnas de Fene. “Nunca o pensei no meu pobo” di asombrado e contento Rubén. Seguindo as normas sanitarias, na escola nunca tiveron ningún brote.
Durante a Semana Santa, Rubén Justo coordenará o Open de Tenis de Valdoviño que se celebra entre o día 1 e 4 de abril no pavillón municipal deste concello. O tope de participantes púxose en 60 e neste momento hai 35 inscritos. Todo está pensado para disputar partidos máis curtas para que cunha única pista poidan participar todos os xogadores. Aínda se poden apuntar no teléfono 696 844 553.
“No tenis perdes ti e gañas ti” Así describe Rubén Justo a filosofía deste deporte individual que se disputa normalmente ao aire libre, en Fene nas pistas do Círculo Cultural Recreativo e Deportivo de Perlío. A escola conta coa pista cuberta de Centieiras cando chove. Rubén Justo comezou a dar clase de tenis hai xa 11 anos nas escolas municipais que Fene oferta no verán e que confía se volvan ofertar este ano. O alumnado da escola “Justo al revés” teñen desde 4 a 74 anos e conformou ata 18 equipos cos que participa nos campionatos galegos todas as fins de semana, en Ferrol, A Coruña ou Lugo, nas categorías de benxamín a veteranos.
“A idade ideal para empezar no tenis é dos 4 aos 5 anos pero o normal está entre os 6 e 8 anos” afirma Justo. A esas idades a filosofía é divertirse, pasalo ben e non agoniarse nas competición. Soubemos por el que as raquetas deben estar acordes co peso do xogador. “Segundo vas tendo experiencia, vólveste máis quisquilloso “ declara o profesor fenés que cifra en 50 euros o prezo dunha raqueta para iniciarse neste deporte. Unha máis profesional custa arredor de 200€.
Publica o teu comentario agora