Ninguén coñecía ás pandereteiras

Ninguén coñecía as pandereteiras
12 de Outubro, 2025 - 05:20 h. | Publicada por Radio Fene

"Ata hai ben pouco ninguén coñecía ás pandereteiras" afirmou este mediodia Xurxo Souto na gravación do podcast Onda Piruchela en Neda. Pepe Cunha entrevistou ao músico e activista cultural quen destacou o labor de Mercedes Peón na divulgación do labor das pandereteiras e das cantareiras para conservar e transmitir a memoria oral. 

Xaquín Marín e Xurxo Souto

O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes.

 

Na imaxe Xaquín Marín e Xurxo Souto na Piruchela

Cultura

Publica o teu comentario agora