NN.XX. de Lugo celebrará o 1 de maio en Vilalba unha xornada sobre emprego

NN.XX. de Lugo celebrará o 1 de maio en Vilalba unha xornada sobre emprego

28 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Praza da Constitución de Vilalba foi o lugar escollido pola sección provincial de Lugo de Novas Xeracións (NN.XX.) do Partido Popular de Galicia para celebrar o Día Internacional do Traballo que se celebra o 1º de maio. O acto terá a forma de xornada de reflexión sobre o emprego, onde se analizará o actual momento que atravesa o mercado laboral, orientado principalmente á mocidade.

O acto comezará, na carpa instalada na principal praza da capital chairega, ás 11.30 horas, coa benvida do alcalde de Vilalba, Gerardo Criado. A continuación tomará a palabra a presidenta da NN. XX. de Vilalba, Vanessa Paredes, antes da proxección do vídeo “Situación actual da España de Zapatero”. Posteriormente será a quenda do presidente do PPdeG, Xosé Manuel Barreiro, que falará sobre o momento económico actual.

Sobre o mediodía procederase á lectura do manifesto sobre emprego a cargo de Fernando Carreiras, Vicesecretario de economía vivenda e industria de NNXX, antes de rematar coas intervencións do presidente de NNXX de Lugo, Daniel Vega e da máximo responsable rexional, María Seoane.

Sociedade