No deporte como na vida

No deporte como na vida
03 de Xuño, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Comportamentos antideportivos como o dunhas afeccionadas e xogadoras de fútbol sala do Marín que cantaron contra o Amarelle son inapropiados, pero non diferentes ao que se producen noutros ámbitos da vida. En casos como este, as redes sociais “no lugar de axudar, acaban botando gasolina e xerando incendio maior”, opina o psicólogo e adestrador José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:

“O deporte é un contexto máis da vida, podía terse visto o mesmo no Congreso, no supermercado ou nun posto de traballo”, lembra. Hai que aprender a relacionarse coas emocións, non só as que consideramos negativas. Tamén hai que aprender a manter unha conduta apropiada cando sentimos alegría. Valores que se aprenden na casa e tamén nas escolas deportivas. Trátase de educar no deporte e tamén a través no deporte

 

 

Fotografía Xan Xe

Celebración do ascenso do Racing de Ferrol a Segunda División do fútbol. 2023

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora