ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O concello de Fene homenaxeará esta tarde ao alcalde Ramón Souto, fusilado en agosto de 1936. O acto comezará ás oito desta tarde no salón de plenos da Casa do Concello de Fene.
Ramón Souto atopábase detido na prisión da Escollera en Ferrol. Na noite do 16 de agosto , gardas civis e falanxistas sacáronno do cárcere e fusiláronno sen concluir a causa que tiñan aberto contra el por “rebelión militar”. Na súa declaración Souto indica “que era alcalde de Fene “los dias de los sucesos revolucionarios, pero que en este municipio no se cometieron desmanes de ningún género nin excesos”. Sostén que ao mediodia do luns 20, sostivo unha conferencia co gobernador civil, quen lle ordenou que incautase das radios e de toda caste de armas, o que lle encargou ao brigada comandante do posto da garda cicil, quen lle manifestou que carecia de persoal para efectuar esos servizos con rapidez. A Garda civil auxiliada por varios paisanos, recolleron e depositaron as armas no Concello, segundo declaracións do alcalde. Manifesta que a súa preocupación non foi outra que “prprocurar mantener el orden por todos los medios a su alcance”. Tamén indica que “se preocupó de cuidar que al Sr.Comesaña y su señora, que estaban allí refugiados, no les pasase nada”. O sumario non concluiu ao ser fusilado Ramón Souto, alcalde de Fene en 1936.
Publica o teu comentario agora