ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Éxito da ruta teatralizada da Agrupación Instrutiva de Caamouco e da Asociación Veciñal de Limodre. Máis dun cento de persoas participaron na iniciativa na mañá do domingo. Tiivo como principal reclamo o Pazo do Piñeiro, logo de varios meses de xestión por parte da Agrupación cos seus propietarios para a súa apertura. Para Caamouco trátase dun logro histórico, logo de moitos anos de traballo. É a primeira vez que a entidade consegue desenvolver neste emblemático espazo unha proposta cultural.
A ruta, duns 8 quilómetros de lonxitude, atravesou Caamouco e Limodre, chegando ata o muíño de mareas de Río Castro, xa no Concello de Cabanas. Un percorrido circular no que a Tenencia Teatro, grupo da Agrupación, sorprendeu ao público con escenas teatrais en puntos salientables do percorrido. Deste xeito, houbo escenas en puntos como a Horta de Quinín, o Porto de Redes, Almieiras e Río Castro.
Ademais da implicación de todo o grupo de teatro, dirixido por Eugenia Sanmartín, a ruta contou coa colaboración musical do grupo Airiños de Fene, do grupo de pandeireiras da Agrupación Instrutiva de Caamouco, a cantante Amparo Arias, o gaiteiro Manolo Doval, o zanfonista Emilio Mesias e Roger de Flor. Ademais, a pintora Dolores Fernández, mestra na Agrupación, inmortalizou esta xornada nun lenzo ao óleo que pintou durante as representacións no propio xardín do pazo.
O Pazo do Piñeiro
O Pazo do Piñeiro foi símbolo da explotación durante moitos anos. Tocaba a campá do Pazo e toda a veciñanza de Caamouco tiña que ir traballar as súas terras, segundo lembraba en Radio Fene o veciño de Redes xa falecido Regino Varela. A xente de Caamouco xa estaba atenta para saber cando ían plantar ou recoller os propietarios do Pazo do Piñeiro nas súas extensas fincas. Na actualidade o emblemático edificio é propiedade da Fundación Paideia.
Máis información sobre o Pazo do Piñeiro:
https://www.radiofusion.gal/actualidade/novas/o-pazo-do-pi%C3%B1eiro-com...
Publica o teu comentario agora