ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os cans poderán viaxar nos trens de Renfe. Falamos do tema coa veterinaria etóloga Noemí Graña. Advertiu tamén esta semana en Radio Animal das precaucións que deben tomarse cando hai bebes nunha casa con cans ou gatos.

“Unha noticia fantástica”, valorou Noemí Graña o anuncio de que poderán viaxar en tren, en vagóns pet-friendly, cans de ata 40 quilos. Iso si, aproveitou para reclamar mellor servizo ferroviario para Ferrolterra.
Nenos e nenas
Recalcou ademais Noemí que nenos e nenas nunca deben quedar sós con cans ou gatos. Asegura a especialista que “o problema grave é cando os nenos empezan a gatear”. “Os nenos non entenden a linguaxe corporal dos cans, invaden moito o seu espazo e pode ser perigoso. As maiores mordedoras de cans a nenos son de cans da casa a nenos varóns, menores de 8 anos e case sempre na cara”, explicou Noemí. “Estámoslle dando aos nenos unha responsabilidade que non lles corresponde”, advirte.
Publica o teu comentario agora