ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Acabar coas supersticións sobre os morcegos. Observalos para comprobar que non está xustificada a mala sona que lles dan as películas de medo e a literatura fantástica. Noite de Morcegos no Belelle que guiará Manuel Arzúa da Asociación Morcegos de Galicia.

“Agora están en época de apareamento, unha época na que están socializando moito, é máis doado velos”, explicou en Radio Fene Manuel Arzúa. Son animais moi importantes aínda que non os vexamos porque son os grandes reguladores das poboacións de insectos.
Unha charla para aprender sobre os morcegos, a súa ecoloxía, as especies que hai en Galicia, as que podemos atopar pola zona, como viven e a importancia da súa conservación abrirá o programa da Noite de Morcegos, prevista para a tarde-noite do venres. Organizada pola Asociación de Festas de San Valentin coa colaboración do Centro de Promoción Social e a Asociación Morcegos de Galicia. Despois, farase un roteiro polas beiras do Belelle. Sobre as oito, porque a noite é o momento propicio para velos. “Son animais curiosos, viven en comunidade e esta é boa época para velos”, sinalou Manuel Arzúa.
Publica o teu comentario agora