ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Unha noite temática de sushi organiza para o venres 29 de agosto a cantina do Circulo de Fene. Ofrecen unha cea con quince pezas de sushi máis bebida por quince euros. É necesario inscribirse previamente no 665 75 20 85. Samara Pérez, Luis Ares e Andrés Rodriguez explicaron como se vai desenvolver o evento.

“O sushi é unha comida tradicional xaponesa, elaborado cun arroz e peixe marinado” indica o cociñeiro Andrés Rodriguez. A preparación do sushi farase cara ao público para que as persoas asistentes poidan ver os temporizados, empanizados e os nigiris. “No verán a piscina atrae a moita xente, pero tamén en inverno queremos organizar eventos como para o último venres de setembro que será de cociña mexicana e no último venres de outubro consistirá na cociña do Samain” apunta Samara Pérez.
Publica o teu comentario agora