Noites de Tascas de Os Viqueiras

Noites de Tascas de Os Viqueiras

12 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O grupo de música tradicional Os Viqueiras de Ordes presentará o sábado día 14 de maio o seu primeiro traballo discográfico, nun acto que terá lugar a partir das 20 horas na Casa da Cultura de Ordes.

Este disco titúlase Noites de Tasca, e foi gravado nos Estudios Mans da Coruña, dentro do programa "Outra + Outra 2010". Un traballo no que este grupo ordense mostra a súa mellor música tradicional.

Os Viqueiras de Ordes convidan a todo o mundo a participar nesta presentación na que, por suposto, non faltará a música.

Sociedade