Nomes destacados da cultura galega

Nomes destacados da cultura galega
11 de Xuño, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A Liga de Amigos de Barallobre prepara a Romaría do Camiñante Descoñecido. Será o sábado dous de xullo con festa da escuma para a rapazada e sardiñada para toda a parroquia. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

O Monumento ao Camiñante Descoñecido inaugurase en Barallobre o 1 de xullo de 1934. Falou naquela xornada Ramón Otero Pedrayo e Antón Vilar Ponte. Promoveron a iniciativa o mestre Manuel de Pedre e o xornalista Alfonso Piñón.  Teñen bancos no Monumento, Castelao Rosalía, Curros Enriquez, os irmáns Vilar Ponte, Rof Codina e Manuel Insua. Tamén, Pondal, Otero Pedrayo, Bieito Cupeiro, Pablo Ares Feal, Pérez Parallé e Xosé Neira Vilas. Hoxe os doce bancos do Camiñante honran a doce nomes singulares do mundo da cultura galega. A biblioteca Viatus Ignotus ofrece os seus libros ao camiñante que pasa e repousa no monumento á sombra das súas árbores.

Na imaxe a igrexa parroquial e a casa reitoral de Barallobre (Fotografía Xan Xe Corral)

Cultura

Publica o teu comentario agora