Non á pirotecnia

Non á pirotecnia
04 de Xaneiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Ansiedade, medo descontrolado, taquicardia e ata, nalgúns casos, a morte por infarto son algunhas das consecuencias que a pirotecnia ocasiona nos animais. A iniciativa Máis luces, menos lumes nace como “un berro ao sentido común”, tal e como explica Teresa Prado, voluntaria da asociación Gatocan.

ESCOITA O PODCAST:

Esta entidade animalista situada en Coirós ven de ser declarada como mellor protectora de España. Agora é a promotora dunha campaña na que tamén participan “pata con pata” outras moitas asociacións como Indican. A través dunha páxina de firmas en change.org, as persoas van enviando fotografías dos seus cans coas orellas tapadas. Este é o primeiro paso. O seguinte será facer unha petición formal concello por concello e tamén á Xunta de Galicia. “Queremos pedir que se fomente dende as administracións o uso da pirotecnia branca. Luminosa pero silenciosa, que se regule en horario e nos días que se pode usar en cada concello, que se limite a cantidade que se pode comprar por persoa, que se prohiba a súa venda a menores de idades e por suposto a que se sancione a quen non cumpra estas leis”, afirman dende Gatocan.

Sociedade

Publica o teu comentario agora