ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Consternación e indignación polo novo crime machista, o primeiro deste ano en Galicia. Sentimentos expresados na concentración convocada este mediodía polo Concello de Fene, na que se gardou un minuto de silencio en memoria de Beatriz Lijó, de 47 anos, a primeira vítima galega este ano. O presunto autor, a súa exparella, Angel Rodriguez da Costa, un profesor de Matemáticas, está detido.
O alcalde, Juventino Trigo, que presidiu a concentración, transmitiu, a través de Radio Fene, o pesar da veciñanza de Fene polo crime machista e apostou pola educación para erradicar a violencia sobre as mulleres. A concelleira de Benestar e Igualdade, Mari Carmen Martínez, deu lectura a un comunicado no que criticou a existencia de partidos políticos que branquean a violencia machista, censurou aos xuíces que non a combaten e aos medios de comunicación que dan unha cobertura sensacionalista a estes crimes. Outra muller morta. E dous nenos orfos de nai. Beatriz foi asasinada en presenza dos seus fillos, de 6 e 9 anos. Sucedeu en Baiona. Fene expresou o seu pesar.
Publica o teu comentario agora