ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O 25 de Novembro é a data sinalada no calendario para darlle visibilidade á loita contra a violencia sobre as mulleres. Contra ela, a Marcha Mundial das Mulleres celebra esta tarde en Fene o seu acto comarcal. Falamos neste 25N con Lucía Vizoso, da Marcha Mundial das Mulleres, en Radio Fene.
Os datos que coñecemos sobre vítimas de violencia machista son a punta do iceberg dunha sociedade na que segue a imperar o machismo. A Marcha Mundial das Mulleres porá negro sobre branco as súas reivindicacións neste 25N no acto que celebrará ás 19 horas, na praza do Alcalde Souto, en Fene, contando co apoio do Concello. O lema é “A violencia machista toma moitas formas. Combatámolas todas”. A Marcha convida a participar cunha prenda morada.
Publica o teu comentario agora