ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As mulleres son hoxe vangarda social e cultural de Galicia, dicia o pasado xoves Manuel Rivas en El Pais. Para moitos comentaristas políticos, Ana Pontón foi unha sorpresa.
O fenómeno desta campaña foi a candidata do Bloque Nacionalista Galego. Ana Pontón logrou situarse por riba do teito da súa formación, que grazas á súa figura atrae votantes de outros partidos. Pontón leva vinte anos “picando pedra” e os seus bos resultados son unha reivindicación do local. Segundo a directora adxunta de La Vanguardia Lola García, Pontón “non é ningunha líder revelación”. O seu valor consiste en saber esperar e exercer unha oposición constante e efectiva. Aporta fiabilidade e elixiu un estilo de campaña optimista e esperanzado, lonxe da agria polarización.
A profesora da Universidade Complutense de Madrid Maria Lois salienta o acerto de Ana Pontón, candidata do BNG que soubo combinar a defensa da identidade galega coa atención ás necesidades sociais. O Bloque soubo xerar ilusión cunha campaña baseada na experiencia de xestión nos Concellos e moi dinámica.
Ana Pontón é unha lider moderna, nova, transversal que sabe conectar coa mocidade e con novos públicos. Ata o de agora en Madrid, o BNG era como un nacionalismo de segunda, para o xornalista Luis Pardo.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora